• #19 San Telmo en clave galega

  • Feb 13 2022
  • Duración: 1 h y 9 m
  • Podcast

#19 San Telmo en clave galega

  • Resumen

  • Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-.

    Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura.

    Dalle unha escoita e se che gusta comparte.

    ______________________________________________________________________________________

    Notas do episodio:

    • Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64
    • Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí.
    • Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí.


    ______________________________________________________________________________________

    Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal

    Más Menos

Lo que los oyentes dicen sobre #19 San Telmo en clave galega

Calificaciones medias de los clientes

Reseñas - Selecciona las pestañas a continuación para cambiar el origen de las reseñas.