• #21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza

  • May 22 2022
  • Duración: 42 m
  • Podcast

#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza

  • Resumen

  • Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados.

    Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Galicia Hiking, o alacantino Eugenio Plaza e a croata Marina Sokol. Con eles analizaremos o nivel de dificultade desta ruta de sendeirismo homologada, tomaremos nota dalgúns consellos e sorpresas que agocha este destino e tamén coñeceremos como nos ven dende fóra.

    Ademais, o ciclista rosaleiro retirado Serafín Martínez amosaranos outro xeito de vivir a experiencia dos Muíños do Folón e do Picón, a través do deporte. El é un dos impulsores do Trail do Folón que cada ano atrae a centos de persoas cara esta localidade pontevedresa.

    Notas do episodio:

    • Galicia Hiking.
    • Documental sobre Nemesio Castro.
    • Turismo de O Rosal.
    • Guía Turística do Río Miño Transfronteirizo.

    Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.

    Más Menos

Lo que los oyentes dicen sobre #21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza

Calificaciones medias de los clientes

Reseñas - Selecciona las pestañas a continuación para cambiar el origen de las reseñas.