• #25 Praga: unha cidade chea de contrastes

  • Apr 23 2023
  • Duración: 48 m
  • Podcast

#25 Praga: unha cidade chea de contrastes

  • Resumen

  • Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén hai espazo para o deconstructivismo da casa danzante e as obras do artista checo David Černý, espalladas por tódolos barrios.

    No episodio 25 de Viaxantas falaremos deses contrastes, da pegada dunha historia recente especialmente turbulenta e de todo o que fai á capital da República Checa tan atractiva para os visitantes.

    Vanesa Noya, unha galega que xa leva máis de 8 anos vivindo en Praga, ponnos en contexto como se dunha guía profesional se tratase e lévanos por circuitos alternativos no corazón de Bohemia.

    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego.

    Axúdanos a chegar a máis xente.

    Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.

    Más Menos

Lo que los oyentes dicen sobre #25 Praga: unha cidade chea de contrastes

Calificaciones medias de los clientes

Reseñas - Selecciona las pestañas a continuación para cambiar el origen de las reseñas.