• Divulgación en galego: utopía ou realidade?

  • Jul 11 2023
  • Duración: 48 m
  • Podcast

Divulgación en galego: utopía ou realidade?

  • Resumen

  • Neste terceiro episodio de ONDA CIENCIA abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego. Cando vimos de conmemorar o día das letras galegas, contamos tamén con estatístistas que ilustran que o castelán supera, por primeira vez ao galego como a lingua máis emprega en Galicia. E na ciencia, ¿cal é o papel que desempeña a nosa lingua? Hoxe imos falar de divulgación científica en galego con catro profesores e profesoras da Universidade da Coruña que contan cunha longa experiencia facendo divulgación:


    • Laura Castro Souto, Profesora titular da facultade de informática da UDC, e directora da cátedra CICAS.
    • Casto Rivadulla Fernández. Catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia.
    • Cristina Naya Riveiro. Profesora contratada doutora na facultade de Ciencias da Educación, especialista en didáctica das matemáticas. É a Coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC.
    • Alexandre Peres Vigo. Profesor da facultade de filoloxía da UDC, na área de filoloxía galega e portuguesa, e especializado en sociolingüística galega, Planificación e políticas lingüísticas e culturais e Literatura e construción da identidade. É columnista no diario dixital Nós Diario.  



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Más Menos

Lo que los oyentes dicen sobre Divulgación en galego: utopía ou realidade?

Calificaciones medias de los clientes

Reseñas - Selecciona las pestañas a continuación para cambiar el origen de las reseñas.