Emociónate coa radio

By: Si Radio / Asociación Ondiñas
  • Summary

  • EMOCIÓNATE COA RADIO é o programa de radio do proxecto RADIOEMOCIÓNATE 2022, unha proposta cultural e educativa que nace no 90 aniversario da primeira emisión da radio en Galicia.

    É unha idea de SI RADIO DE GALICIA e da ASOCIACIÓN ONDIÑAS DE RADIO E PODCAST DE GALICIA apoiado pola CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DA XUNTA DE GALICIA.


    O proxecto leva ás escolas un programa de radio profesional, con convidados de diversos eidos e grande relevancia (dende a alcaldesa ou alcalde do municipio, a artistas ou historiadores...), para que o estudantado de estes centros formule as preguntas e coñeza como se desenvolven este tipo de programas dende a produción, realización e gravación.


    Do proxecto tamén forma parte unha exposición itinerante sobre a radiodifusión, a súa historia, funcionamento, grandes voces da radio en Galicia e aparatos de radio históricos, conmemorando deste xeito a primeira emisión, que tivo lugar en 1933.


    A primeira tempada do programa, que se emite en SI RADIO, conta coa participación de máis de trinta centros de educación pública. Para 2023 esta previsto realizar a segunda tempada para o que xa está aberta unha nova convocatoria para os centros que desexen participar no correo electrónico: asociacionondinasderadio@gmail.com


    A Asociación Ondiñas de radio e podcast de Galicia é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, que ten entre os seus obxectivos promover, fomentar e difundir a radiodifusión como instrumento de comunicación, información e liberdade, así como colaborar con institucións públicas e privadas na organización de talleres, certames, conferencias, festivais ou outros que teñan como fin a difusión da radio e o seu uso. Esta presidida por Gabino Porto, que tamén é na actualidade o director xeral de SI RADIO.


    SI RADIO é unha cadea de radio comercial da comunidade Galega que opera con licenzas de F.M. nas catro provincias galegas. Conta con 8 licenzas propias e outras asociadas, ademáis de emisión por internet www.siradio.gal e canles de podcast en distintas plataformas mundiais.


    Para realizar o programa, un equipo trasladase ao centro para a montaxe do equipamento, que inclue todo o preciso para unha emisión, neste caso gravación do programa. Instalase a mesa de mesturas, equipos informáticos para recoller o son e micrófonos. No caso de que estea prevista unha actuación musical, tamén medios para recoller o son dos e das compoñentes.

    O programa realizarase segundo unha escaleta estudada previamente, e participan no deseño do programa alumnos, alumnas e profesorado.


    Son os centros os que solicitaron realizar o programa apos dunha convocatoria realizada pola asociacion Ondiñas.


    Ficha técnica:

    Idea orixinal: ASOCIACIÓN ONDIÑAS DE RADIO E PODCAST DE GALICIA

    Director executivo: Gabino Porto

    Coordinación de contidos, guión e presentación: Amparo Rodríguez Ojea

    Realización técnica: Anxo Gutiérrez Barros

    Axudante de montaxe da exposición: Miriam González

    Medios técnicos, soportes expositores e paneis da exposición: Abril Publicidad

    Desprazamentos e medios de produción: Tecnomedia Noroeste / Iniciativa Galega de Comunicación


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Si Radio / Asociación Ondiñas
    Show more Show less
activate_Holiday_promo_in_buybox_DT_T2
Episodes
  • Emociónate CEIP de PETELOS - Mos
    Mar 13 2023
    E chegou o derradeiro programa, e non imos dicir último porque haberá máis, e tivemos a sorte de que nos acompañaran os mellores. A doce voz de Uxía, a arte de Xulio Lorenzo e as Malvelas!!! Como credes que foi este programa??? Divertido, entrañable, emocionante e todo o que te poidas imaxinar. Nel entrevistamos á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Uxía, a cada unha das Malvelas, tamén a Xulio Lorenzo, ás profes responsables da radio, á atleta Soledad Castro, á ex profesora Balbi e ao arqueólogo Mario que entrou dende Londres para contarnos como van as súas investigacións e estudos. Foi un programa no que aprendemos leccións de vida moi tenras, nos que coñecemos a faceta de locutora de Uxía Senlle, no que nos contaxiamos da ledicia e das gañas de vivir das Malvela, no que a profe Raquel puxo todo o posible e máis para que saira un programa incrible, no que Balbi lembrou como se construíu o centro e como era o ensino hai tantos anos cando ela era mestra nunha pequena escola de aldea... foi un programa no que bailamos, sorrimos, gozamos e todo grazas ao alumnado, ás súas profes, a unha alcaldesa comprometida e ás boas xentes e músicos de Mos que facendo gala dunha inmensa xenerosidade engrandeceron cada minuto. GRAZAS!!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    1 hr and 20 mins
  • Emociónate CEIP Carballedo de Cerdedo-Cotobade
    Mar 13 2023
    Arroupados pola natureza o alumnado do CEIP Carballedo de Cerdedo-Cotobade recibíunos cos brazos abertos dispostos a realizar o programa ·"Emociónate coa Radio" na súa fermosa biblioteca. Alí todas e todos xuntos entrevistamos ao alcalde Jorge Cubela para dar logo a benvida ao deseñador Víctor Rivas. Con él demos entrada a través do fío telefónico ao exitoso escritor Antonio Teijeiro e con eles os dous falamos da escrita, do mundo da ilustración e de como se combinan as diferentes profesións para que nas nosas mans acaben fermosas xoias literarias e de banda deseñada coas que gozar do noso tempo de lecer. Da man dos dous coñecemos o mundo do deseño nos EEUU e como é traballar para diferentes públicos. A escritora Malores Villanueva uníuse á conversa e tamén nos amosou a súa ollada do mundo das verbas e dos libros, da importancia da formación, dos rincóns fermosos de Cerdedo-Cotobade ... Coas titoras e coa dirección do centro educativo despedimos este programa dando paso ás voces das familias e as súas lembranzas de como chegou a radio aos seus fogares.

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    1 hr and 17 mins
  • Emociónate CEP Pedro Caselles Beltrán - Tomiño
    Jan 8 2023
    Este foi un programa cheo de bonitas sorpresas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, non quixo perder a oportunidade de desfrutar da radio e fíxenos confidencias sobre a súa etapa de estudante tanto na EXB como na Universidade. Eder González, do grupo América, puxo ritmo ás ondas e tocou algúns dos seus temas favoritos e non faltaron as palmas para acompañar. O exalumno Esteban Gómez Español formou parte do equipo e formulou algunhas das preguntas das entrevistas, entre elas, a do deportista e exalumno Manuel Ochoa que ven de acadar a medalla de prata na Copa do Mundo de Slálom Extremo. Adestramento, disciplina e tenacidade son algunhas das claves deste super deportista ao que non lle da medo enfrontarse a calquera proba deportiva. Tamén estivo con nós Gabriel, colaborador de Emociónate coa Radio e propietario da exposición de radios antigas que nos acompañou por todos os centros educativos. Con él descubrimos ese fermoso mundo da radio. A profe de educación física presentounos a Patrulla Verde e xunto ao director despedimos o programa dende un centro no que saben moito de integración e no que traballan a diario para que as persoas con necesidades específicas sexan máis autónomas e mesmo entendidas. Na entrevista explicáronnos como cada semana o alumnado NEAE sae xunto ao seu profesorado a facer a compra ou tomar un almorzo e facer recados precisos para o día a día dunha persoa. Escoiten e terán un día moito mellor!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    1 hr and 23 mins

What listeners say about Emociónate coa radio

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.