• Intelixencia artificial: retos e potencialidades

  • Aug 1 2023
  • Duración: 43 m
  • Podcast

Intelixencia artificial: retos e potencialidades

  • Resumen

  • Neste 5º episodio de ONDA CIENCIA, adicado á Intelixencia Artificial abordaremos como o desenvolvemento da intelixencia artificial e dalgunhas das súas ferramentas máis coñecidas están a impactar nas nosas vidas. Queremos coñecer cales son as vantaxes e os campos onde a IA se está a aplicar, pero tamén queremos poñer unha ollada en aqueles aspectos máis controvertidos, ou onde sería preciso unha mellor regulación.  


    Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertos da Universidade da Coruña chegados de distintas disciplinas científicas, como a informática, o dereito ou as humanidades, e ás que paso xa a presentar:   


    • Verónica Bolón Canedo. Profesorado dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da facultade de informática. Membro do grupo de investigación LIDIA, a súa investigación céntrase nos métodos de machine-learning dentro do campo da IA, con aplicación a temas médicos e a problemáticas ambientais. 
    • María Noelia Barreira Rodríguez. Profesora do dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da facultade de informática. Membro do Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns. As súas liñas de investigación son visión computacional e imaxe médica. 
    • Xulio Xosé Ferreiro Baamonde. Profesor de dereito procesual, na facultade de dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación Criminología, Psicología Jurídica y Justicia Penal en el siglo XXI. As súas liñas de investigación abranguen, entre outras, a organización xurisdiccional española e o uso da intelixencia artificial no proceso xudicial.  
    • Margarita María Alonso Ramos. Profesora no dpto. de Letras da Facultade de Filoloxía da UDC. Membro do Grupo de investigación Lengua y Sociedad de la Información. Entre as súas liñas de investigación figuran a lexicografía e a lingüística computacional.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Más Menos

Lo que los oyentes dicen sobre Intelixencia artificial: retos e potencialidades

Calificaciones medias de los clientes

Reseñas - Selecciona las pestañas a continuación para cambiar el origen de las reseñas.