• O Uso Do Galego Na Intelixencia Artificial

  • Jul 30 2024
  • Duración: 52 m
  • Podcast

O Uso Do Galego Na Intelixencia Artificial

  • Resumen

  • A intelixencia artificial (IA) ten múltiples utilidades nunha ampla diversidade de campos, mais tamén o uso masivo de certas ferramentas presenta novos riscos e retos, como, por exemplo, a infrarrepresentación de linguas como o galego na intelixencia artificial xenerativa. Para coñecer en profundidade como funcionan estas IA e o impacto que teñen na educación, falamos con tres expertos da Facultade de Informática da UDC:


    - Miguel Ángel Alonso Pardo, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo de investigación Lingua e Sociedade da Información.


    - Sara Guerreiro Santalla, profesora do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo Integrado de Enxeñaría.


    - Javier Parapar López, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do grupo de investigación Information Retrieval Lab.


    O programa afonda no funcionamento dos modelos de IA xenerativa (ex. Chat GPT), o desenvolvemento dunha IA en galego chamada “Ola Cabuxa” (CITIC-UDC), así como a abordaxe da IA tanto nos estudos preuniversitarios como nos estudos superiores, e as liñas de investigación que se están a desenvolver dende a UDC sobre intelixencia artificial.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Más Menos

Lo que los oyentes dicen sobre O Uso Do Galego Na Intelixencia Artificial

Calificaciones medias de los clientes

Reseñas - Selecciona las pestañas a continuación para cambiar el origen de las reseñas.