• #26 Praga: Tras as pegadas do nazismo e do comunismo
    Jul 30 2023

    Xa coñecemos o corazón turístico de Praga, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie de Praga ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos do peso que a historia recente do país ten na cidade e nas súas xentes, do nazismo ó comunismo.

    Ademais, atoparás algunhas recomendacións para que non te timen nas casas de cambio, cal é o segredo da cervexa checa ou os pratos que non debes deixar de probar.

    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.

    Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.


    Show more Show less
    53 mins
  • #25 Praga: unha cidade chea de contrastes
    Apr 23 2023

    Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén hai espazo para o deconstructivismo da casa danzante e as obras do artista checo David Černý, espalladas por tódolos barrios.

    No episodio 25 de Viaxantas falaremos deses contrastes, da pegada dunha historia recente especialmente turbulenta e de todo o que fai á capital da República Checa tan atractiva para os visitantes.

    Vanesa Noya, unha galega que xa leva máis de 8 anos vivindo en Praga, ponnos en contexto como se dunha guía profesional se tratase e lévanos por circuitos alternativos no corazón de Bohemia.

    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego.

    Axúdanos a chegar a máis xente.

    Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.

    Show more Show less
    48 mins
  • #24 Tromsø: á caza das auroras boreais
    Jan 22 2023

    Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais.

    No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, música e da gran colonia de renos que vive nestas terras.

    Se o teu soño é ver auroras boreais, neste episodio atoparás todo o que precisas saber. DALLE AO PLAY.

    Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Instagram, Twitter, TikTok, Telegram, e tamén en Podgalego.

    NOTAS DO EPISODIO

    • Subscríbete á Newsletter de Viaxantas AQUÍ.
    • Artigo de GCiencia sobre a tormenta solar que provocou espectaculares auroras en Noruega.
    • Web de Visit Tromso.
    Show more Show less
    45 mins
  • #23 A Costa Amalfitana: expectativas vs realidade
    Aug 7 2022

    A Costa Amalfitana é un espectacular balcón natural ao mar Tirreno. Un deses destinos soñados, mil e unha veces fotografado e que ofrece sol, praia, solpores únicos e boa gastronomía. Pero que ocorre cando as expectativas chocan coa realidade? No 23 de Viaxantas percorremos estes 55 kilómetros da costa italiana da man da xornalista Maria Sabarís e reflexionamos sobre destinos masificados e sobre o impacto das redes sociais no noso xeito de viaxar, mais tamén compartimos os nosos imprescindibles desta ruta con forma de serpente que lidera as listas de destinos imprescindibles ano tras ano.

    Dalle ao play para iniciar este paseo.

    * Subscríbete á Newsletter de Viaxantas aquí: viaxantas.gal/subscribete/



    Show more Show less
    1 hr and 7 mins
  • #22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano
    Jul 3 2022

    A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas. Da man de Carme Saborido, achegámonos á rexión italiana de Campania para coñecer a cidade greco-romana de Paestrum, entrar nas famosas ruínas de Pompeia e admirar a outra vítima do Vesubio, Ercolano. Ademais, o noso roteiro inclúe paradas en Nápoles e Salerno. Dalle ao play para iniciar este paseo.

    NOTAS DO EPISODIO:

    • Subscríbete á Newsletter de Viaxantas AQUÍ.
    • As Womansplainers, o podcast no que participa Carme Saborido.
    • Podes coñecer Bari e Alberobello, no episodio 16 de Viaxantas.

    Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.

    Show more Show less
    1 hr and 3 mins
  • #21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza
    May 22 2022

    Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados.

    Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Galicia Hiking, o alacantino Eugenio Plaza e a croata Marina Sokol. Con eles analizaremos o nivel de dificultade desta ruta de sendeirismo homologada, tomaremos nota dalgúns consellos e sorpresas que agocha este destino e tamén coñeceremos como nos ven dende fóra.

    Ademais, o ciclista rosaleiro retirado Serafín Martínez amosaranos outro xeito de vivir a experiencia dos Muíños do Folón e do Picón, a través do deporte. El é un dos impulsores do Trail do Folón que cada ano atrae a centos de persoas cara esta localidade pontevedresa.

    Notas do episodio:

    • Galicia Hiking.
    • Documental sobre Nemesio Castro.
    • Turismo de O Rosal.
    • Guía Turística do Río Miño Transfronteirizo.

    Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.

    Show more Show less
    42 mins
  • #20 Os días tolos en Colonia
    Mar 20 2022

    Os "días tolos" é o nome que recibe a semana grande dun dos entroidos máis populares de Europa, o carnaval de Colonia (Alemaña). Unha celebración á que cheguei sen querer e na que atopei algunha que outra semellanza con Galicia que che conto neste episodio de Viaxantas. Falaremos un pouco de historia, de tradicións e da faciana máis moderna desta cidade con 2000 anos, pero tamén da súa maxestuosa catedral, da tumba dos Reis Magos ou das orixes da famosa auga de Colonia. Apúntaste a esta viaxe sonora? Na nosa páxina web tes máis información sobre este destino: www.viaxantas.gal

    _______________________

    Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.

    Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram.

    Show more Show less
    26 mins
  • #19 San Telmo en clave galega
    Feb 13 2022

    Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-.

    Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura.

    Dalle unha escoita e se che gusta comparte.

    ______________________________________________________________________________________

    Notas do episodio:

    • Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64
    • Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí.
    • Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí.


    ______________________________________________________________________________________

    Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal

    Show more Show less
    1 hr and 9 mins