• Construción e Urbanismo Sustentable

  • Jul 16 2024
  • Length: 50 mins
  • Podcast

Construción e Urbanismo Sustentable  By  cover art

Construción e Urbanismo Sustentable

  • Summary

  • ONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas. Convidamos a tres expertos da UDC, cunha longa traxectoria de investigación e aplicación práctica nestas temáticas:


    • María Belén González Fonteboa. Catedrática de universidade, no departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. É membro Grupo de investigación de Construción e forma parte do CITEEC - Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil
    • Francisco Javier López Rivadulla. Profesor contratado doutor no Dpto. de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da UDC. Investiga sobre construcción de envolventes, eficiencia, sustentabilidade e benestar na arquitectura.
    • Cristina García Fontán. Profesora contratada doutora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición. Coordinadora do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente investiga sobre procesos de rexeneración urbana e hábitat sostible.


    O contido do programa comeza pola comprensión dos aspectos que permiten identificar unha construción sustentable, os certificados de sustentabilidade dispoñibles para as novas edificacións, e as claves para convertir os edificios xa existentes en espazos enerxéticamente máis eficientes e máis saudables. Os expertos debateron tamén sobre as potencialidades das “Solucións Baseadas na Natureza”, así como os retos da propia UDC de cara a mellorar a calidade das súas edificacións.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
activate_primeday_promo_in_buybox_DT

What listeners say about Construción e Urbanismo Sustentable

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.