Onda Ciencia  By  cover art

Onda Ciencia

By: Cuac Fm UDC
  • Summary

  • ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte).


    ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade dende unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é un coloquio no que participarán profesorado e/ou persoas investigadoras da UDC, expertas nunha temática concreta sobre o que versará cada programa.


    ONDA CIENCIA pode escoitarse a través do 103.4 da FM, no streaming de CUAC cuacfm.org/directo, a través das nosas aplicacións móbiles para Android e Apple, e no podcast.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Cuac Fm, UDC
    Show more Show less
activate_primeday_promo_in_buybox_DT
Episodes
  • Construción e Urbanismo Sustentable
    Jul 16 2024

    ONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas. Convidamos a tres expertos da UDC, cunha longa traxectoria de investigación e aplicación práctica nestas temáticas:


    • María Belén González Fonteboa. Catedrática de universidade, no departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. É membro Grupo de investigación de Construción e forma parte do CITEEC - Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil
    • Francisco Javier López Rivadulla. Profesor contratado doutor no Dpto. de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da UDC. Investiga sobre construcción de envolventes, eficiencia, sustentabilidade e benestar na arquitectura.
    • Cristina García Fontán. Profesora contratada doutora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición. Coordinadora do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente investiga sobre procesos de rexeneración urbana e hábitat sostible.


    O contido do programa comeza pola comprensión dos aspectos que permiten identificar unha construción sustentable, os certificados de sustentabilidade dispoñibles para as novas edificacións, e as claves para convertir os edificios xa existentes en espazos enerxéticamente máis eficientes e máis saudables. Os expertos debateron tamén sobre as potencialidades das “Solucións Baseadas na Natureza”, así como os retos da propia UDC de cara a mellorar a calidade das súas edificacións.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    50 mins
  • O Discurso De Odio Nos Medios
    Jul 3 2024

    No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o "discurso de odio", un concepto sobre o existe xa lexislación específica, pero cuxa regulación atinxe tamén a dereitos como a liberdade de opinión e expresión, a non discriminación e a igualdade. Para por un pouco de luz sobre o crecente fenómeno do discurso de odio nos medios de comunicación falamos con tres expertas, profesoras da Universidade da Coruña:


    • Ana Aba Catoira. Profesora Titular no dpto. de Dereito público na facultade de dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación: Democracia y derechos en el entorno digital.
    • Ana María González Neira. Profesora Titular do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, e membro do Grupo de investigación Ciudadanía Digital.
    • Montserrat Golías Pérez. Profesora Contratada Doutora do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC. Membro do ESOMI Equipo de Investigación Sociedades en Movemento.


    As nosas expertas axúdannos a clarificar a diferencia entre “discurso de odio” e “delito de odio”, e cales son as manifestacións mais frecuentes deste discurso nos medios e nas redes sociais. Afondamos nas claves que explican que os discursos discriminatorios calen na poboación e debatemos acerca dos posibles riscos derivados da proliferación deste discurso, dende una perspectiva xurídica, sociolóxica e comunicativa, e cales son las posibles ferramentas e solucións para por freo a esta problemática.


    Lembra que podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    56 mins
  • Saúde Mental
    Jun 29 2024

    A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional. Para iso contamos con tres expertos e expertas da Universidade da Coruña:


    • M.ª de las Mercedes Seoane Bouzas, é terapeuta ocupacional do SERGAS, especializada en trastornos da saúde mental. Profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC e doutora por esta mesma universidade coa tese “Terapia acuática e desempeño ocupacional en saúde mental”.
    • Valentín Escudero Carranza, profesor Titular do departamento de psicoloxía. Coordinador da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da UDC. Entre as súas liñas de investigación figura o tratamento de adolescentes en conflito e súas familias.
    • Nuria García Gonzalo, terapeuta ocupacional do Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol e profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC. Membro do grupo de investigación Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (Talionis-Citic).


    Con eles conversamos acerca deAFRONTEMOS”, o programa de atención especializada que puxo en marcha a UDC hai tres anos e que proporciona ferramentas psicolóxicas e terapéuticas para afrontar un problema de saúde mental e que coordina o profesor Valentín Escudero. Pola súa parte, Mercedes Seoane e Nuria García compartiron tamén diversas experiencias sobre liñas de acción innovadoras e pioneiras que se están desenvolver desde o eido da terapia ocupacional nas áreas de Coruña e Ferrol. En terceiro lugar, ao longo da conversa os nosos expertos analizan as principais problemáticas vencelladas á saúde mental do estudantado e da mocidade en xeral, afondando no papel clave que xogan os medios de comunicación e as redes sociais na autoestima e no benestar emocional das persoas.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    59 mins

What listeners say about Onda Ciencia

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.