• Facer Memoria. Historias en primeira persoa

  • By: Berrobamban
  • Podcast

Facer Memoria. Historias en primeira persoa  By  cover art

Facer Memoria. Historias en primeira persoa

By: Berrobamban
  • Summary

  • Este é un proxecto no que a veciñanza dos concellos mantén encontros con Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, reconstruimos parte da memoria local. Este podcast recolle algúns dos momentos vividos coa vontade de espallalos e que formen parte da memoria colectiva. A 2ª Edición de Facer memoria contou co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de axudas a Proxectos Singulares. A serie podcast foi financiada polo INAEM, Ministerio de Cultura e Deporte cos fondos da Unión Europea-Next Generation.
    Berrobamban
    Show more Show less
activate_primeday_promo_in_buybox_DT
Episodes
  • T1E4 – De partidas e chegadas
    Jul 4 2023

    O Concello de Teo viviu no último século dous fenómenos migratorios inversos. A emigración a países de Latinoamérica a partir de finais do S. XIX, permitiu a chegada de cartos que favoreceron a posta en marcha do movemento veciñal e agrario e, por outra banda, nas últimas décadas do século XX, a proximidade de Santiago de Compostela favoreceu a incorporación ao municipio de novas veciñas e veciños. Na última parada desta segunda edición de Facer Memoria, encontrámonos con persoas que viven en Oza e nos Tilos, dúas parroquias que exemplifican esta circunstancia. Tamén nos achegamos á historia da mestra Carmen Martínez Cereijo e a proxectos comunitarios como o de Baixoulla.gal.

    Show more Show less
    52 mins
  • T1E3 - Sobre a verdadeira natureza dalgúns medos
    Jun 14 2023

    Outes é un concello no que as actividades relacionadas co mar comparten importancia coas derivadas da explotación do monte. As parroquias elixidas, Cando e San Lourenzo, son un bo exemplo de cada unha delas. Nesta ocasión, as veciñas e veciños contáronnos historias relacionadas con diferentes medos: ao sobrenatural, ao descoñecido, aos mortos... pero tamén con temores moito máis terreais. Participan no episodio Manuela Campos, que nos fala do seu proxecto Outear, e Xan Mariño da Asociación Terra de Outes


    Show more Show less
    1 hr and 10 mins
  • T1E2 – De baños e outros xeitos de cura.
    May 24 2023

    Os encontros en Carballo desenvolvéronse durante o transcurso do Festival Internacional de Outono Teatral (FIOT). Neses días, visitamos as parroquias de Oza e Verdillo onde nos contaron anécdotas dos camiños para ir ás festas, as rivalidades polas feiras e uns cantos rituais para quitar algúns males. Tamén falamos con Xan Fraga, da Asociación Lumieira, Evaristo Domínguez do Instituto de Estudos Bergantiñáns e Sara Varela de Senda Nova.

    Show more Show less
    1 hr and 10 mins

What listeners say about Facer Memoria. Historias en primeira persoa

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.