• T1E4 – De partidas e chegadas
    Jul 4 2023

    O Concello de Teo viviu no último século dous fenómenos migratorios inversos. A emigración a países de Latinoamérica a partir de finais do S. XIX, permitiu a chegada de cartos que favoreceron a posta en marcha do movemento veciñal e agrario e, por outra banda, nas últimas décadas do século XX, a proximidade de Santiago de Compostela favoreceu a incorporación ao municipio de novas veciñas e veciños. Na última parada desta segunda edición de Facer Memoria, encontrámonos con persoas que viven en Oza e nos Tilos, dúas parroquias que exemplifican esta circunstancia. Tamén nos achegamos á historia da mestra Carmen Martínez Cereijo e a proxectos comunitarios como o de Baixoulla.gal.

    Show more Show less
    52 mins
  • T1E3 - Sobre a verdadeira natureza dalgúns medos
    Jun 14 2023

    Outes é un concello no que as actividades relacionadas co mar comparten importancia coas derivadas da explotación do monte. As parroquias elixidas, Cando e San Lourenzo, son un bo exemplo de cada unha delas. Nesta ocasión, as veciñas e veciños contáronnos historias relacionadas con diferentes medos: ao sobrenatural, ao descoñecido, aos mortos... pero tamén con temores moito máis terreais. Participan no episodio Manuela Campos, que nos fala do seu proxecto Outear, e Xan Mariño da Asociación Terra de Outes


    Show more Show less
    1 hr and 10 mins
  • T1E2 – De baños e outros xeitos de cura.
    May 24 2023

    Os encontros en Carballo desenvolvéronse durante o transcurso do Festival Internacional de Outono Teatral (FIOT). Neses días, visitamos as parroquias de Oza e Verdillo onde nos contaron anécdotas dos camiños para ir ás festas, as rivalidades polas feiras e uns cantos rituais para quitar algúns males. Tamén falamos con Xan Fraga, da Asociación Lumieira, Evaristo Domínguez do Instituto de Estudos Bergantiñáns e Sara Varela de Senda Nova.

    Show more Show less
    1 hr and 10 mins
  • T1E1 – Historias de naufraxios, escapados e vedoiras.
    May 10 2023

    Mañón é un concello de pouco máis de 1000 habitantes, situado ao norte do país. Unha franxa que vai desde a Estaca de Bares ata As Pontes. Composta por cinco parroquias, nesta ocasión, encontrámonos coa veciñanza de Mogor e das Grañas do Sor que nos contaron anécdotas sobre as feiras de gando, a terrible galerna do 61 e tamén recuperamos a historia de dous nomes propios Toribio Sanmamede e Ramona do Garsón.

    Show more Show less
    49 mins
  • T0E2 – Historia a través das historias
    May 3 2023

    As artes escénicas están intimamente ligadas á vida ambulante. As xentes que nos adicamos a elas levamos, desde hai séculos, as nosas historias ás prazas dos pobos. Neste segundo episodio, Chiqui Pereira fálanos das diferentes actividades que conforman o proxecto Facer memoria, rescatando algunhas das historias que xurdiron nos encontros no Concello do Barco de Valdeorras: o conto do señor Julio Palletas, a Ponte de San Fernando, a Ara de Millarouso ou o ritual do encanillado.

    Show more Show less
    24 mins
  • T0E1 - Facendo Memoria
    Apr 18 2023

    Ás veces lembramos e ás veces facemos memoria. Neste primeiro episodio de presentación, Paula Carballeira introduce algunhas cuestións arredor da expresión que dá título ao “podcast” e que xorde a partir dun proxecto iniciado por Berrobambán no ano 2021. “Facer Memoria”, unha proposta a medio camiño entre o escénico e o vivencial, nútrese de testemuñas compartidas durante unha serie de encontros, coma os que mantivemos no Concello de Fene. A través delas coñeceremos o salón de baile Cardoeiro, a Romaría do Pote, a fonte dos Mouros de Sillobre ou os conflitos dos veciños de Maniños coa Igrexa.

    Show more Show less
    23 mins