Episodes

  • O Uso Do Galego Na Intelixencia Artificial
    Jul 30 2024

    A intelixencia artificial (IA) ten múltiples utilidades nunha ampla diversidade de campos, mais tamén o uso masivo de certas ferramentas presenta novos riscos e retos, como, por exemplo, a infrarrepresentación de linguas como o galego na intelixencia artificial xenerativa. Para coñecer en profundidade como funcionan estas IA e o impacto que teñen na educación, falamos con tres expertos da Facultade de Informática da UDC:


    - Miguel Ángel Alonso Pardo, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo de investigación Lingua e Sociedade da Información.


    - Sara Guerreiro Santalla, profesora do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo Integrado de Enxeñaría.


    - Javier Parapar López, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do grupo de investigación Information Retrieval Lab.


    O programa afonda no funcionamento dos modelos de IA xenerativa (ex. Chat GPT), o desenvolvemento dunha IA en galego chamada “Ola Cabuxa” (CITIC-UDC), así como a abordaxe da IA tanto nos estudos preuniversitarios como nos estudos superiores, e as liñas de investigación que se están a desenvolver dende a UDC sobre intelixencia artificial.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    52 mins
  • Construción e Urbanismo Sustentable
    Jul 16 2024

    ONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas. Convidamos a tres expertos da UDC, cunha longa traxectoria de investigación e aplicación práctica nestas temáticas:


    • María Belén González Fonteboa. Catedrática de universidade, no departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. É membro Grupo de investigación de Construción e forma parte do CITEEC - Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil
    • Francisco Javier López Rivadulla. Profesor contratado doutor no Dpto. de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da UDC. Investiga sobre construcción de envolventes, eficiencia, sustentabilidade e benestar na arquitectura.
    • Cristina García Fontán. Profesora contratada doutora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición. Coordinadora do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente investiga sobre procesos de rexeneración urbana e hábitat sostible.


    O contido do programa comeza pola comprensión dos aspectos que permiten identificar unha construción sustentable, os certificados de sustentabilidade dispoñibles para as novas edificacións, e as claves para convertir os edificios xa existentes en espazos enerxéticamente máis eficientes e máis saudables. Os expertos debateron tamén sobre as potencialidades das “Solucións Baseadas na Natureza”, así como os retos da propia UDC de cara a mellorar a calidade das súas edificacións.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    50 mins
  • O Discurso De Odio Nos Medios
    Jul 3 2024

    No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o "discurso de odio", un concepto sobre o existe xa lexislación específica, pero cuxa regulación atinxe tamén a dereitos como a liberdade de opinión e expresión, a non discriminación e a igualdade. Para por un pouco de luz sobre o crecente fenómeno do discurso de odio nos medios de comunicación falamos con tres expertas, profesoras da Universidade da Coruña:


    • Ana Aba Catoira. Profesora Titular no dpto. de Dereito público na facultade de dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación: Democracia y derechos en el entorno digital.
    • Ana María González Neira. Profesora Titular do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, e membro do Grupo de investigación Ciudadanía Digital.
    • Montserrat Golías Pérez. Profesora Contratada Doutora do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC. Membro do ESOMI Equipo de Investigación Sociedades en Movemento.


    As nosas expertas axúdannos a clarificar a diferencia entre “discurso de odio” e “delito de odio”, e cales son as manifestacións mais frecuentes deste discurso nos medios e nas redes sociais. Afondamos nas claves que explican que os discursos discriminatorios calen na poboación e debatemos acerca dos posibles riscos derivados da proliferación deste discurso, dende una perspectiva xurídica, sociolóxica e comunicativa, e cales son las posibles ferramentas e solucións para por freo a esta problemática.


    Lembra que podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    56 mins
  • Saúde Mental
    Jun 29 2024

    A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional. Para iso contamos con tres expertos e expertas da Universidade da Coruña:


    • M.ª de las Mercedes Seoane Bouzas, é terapeuta ocupacional do SERGAS, especializada en trastornos da saúde mental. Profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC e doutora por esta mesma universidade coa tese “Terapia acuática e desempeño ocupacional en saúde mental”.
    • Valentín Escudero Carranza, profesor Titular do departamento de psicoloxía. Coordinador da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da UDC. Entre as súas liñas de investigación figura o tratamento de adolescentes en conflito e súas familias.
    • Nuria García Gonzalo, terapeuta ocupacional do Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol e profesora asociada no Dpto. de Ciencias da Saúde da UDC. Membro do grupo de investigación Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (Talionis-Citic).


    Con eles conversamos acerca deAFRONTEMOS”, o programa de atención especializada que puxo en marcha a UDC hai tres anos e que proporciona ferramentas psicolóxicas e terapéuticas para afrontar un problema de saúde mental e que coordina o profesor Valentín Escudero. Pola súa parte, Mercedes Seoane e Nuria García compartiron tamén diversas experiencias sobre liñas de acción innovadoras e pioneiras que se están desenvolver desde o eido da terapia ocupacional nas áreas de Coruña e Ferrol. En terceiro lugar, ao longo da conversa os nosos expertos analizan as principais problemáticas vencelladas á saúde mental do estudantado e da mocidade en xeral, afondando no papel clave que xogan os medios de comunicación e as redes sociais na autoestima e no benestar emocional das persoas.


    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    59 mins
  • As Matemáticas están en todos lados
    May 17 2024

    O primeiro episodio desta nova tempada de ONDA CIENCIA leva por título "As Matemáticas están en todos lados" e servirá para abordar a temática das matemáticas, unha ferramenta esencial para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sostible recollidos na Axenda 2030 como a adaptación ao cambio climático ou o obxectivo n.º4 (“Educación de calidade” para todos).


    Para afondar nas diferentes aplicacións prácticas das matemáticas dentro da UDC contamos con tres docentes especialistas nesta área, como son:


    • Raquel Taboada Vázquez, profesora do Departamento de Matemáticas da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. É membro do Grupo de Investigación de Modelización e Resolución de Modelos, e profesora de Álxebra e Ampliación de Cálculo no grao de Enxeñaría de Obras Públicas. Como investigadora está vinculada ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA).


    • Benito Pérez López, profesor do Departamento de Economía da Facultade de Economía e Empresa. É membro do grupo de investigación en Transportes da UDC e está especializado en inferencia estatística e modelos econométricos aplicados á planificación do transporte e a mobilidade sostible".


    • Enrique De La Torre Fernández, profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación. É membro do Grupo de Investigación en Innovación en Ensinanza das Ciencias e das Matemáticas, foi director do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) dende 2009 a 2020.


    Con estas tres persoas expertas conversaremos acerca da aplicación das matemáticas no eido da estatística, da análise Big Data e na importancia de ter unha boa base en matemáticas para avanzar nas carreiras universitarias. Abordamos tamén as competencias matemáticas das xeracións que están a entrar na universidade e as posibles causas e factores que interveñen na percepción de que a mocidade non ten una base científica e matemática suficiente para afrontar os estudos universitarios con éxito. Finalmente, debaterase acerca das diferentes metodoloxías docentes (flexibles/activas) empregadas polo profesorado para traballar estas competencias nos procesos de ensino-aprendizaxe.


    O equipo técnico do programa é o seguinte:


    • M.ª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.


    • Isabel Lema Blanco, na presentación e condución do programa.


    • Mariano Fernández Cabarcos, no control técnico.


    • Miguel Anxo Facal, na edición e difusión do programa.

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    51 mins
  • Intelixencia artificial: retos e potencialidades
    Aug 1 2023

    Neste 5º episodio de ONDA CIENCIA, adicado á Intelixencia Artificial abordaremos como o desenvolvemento da intelixencia artificial e dalgunhas das súas ferramentas máis coñecidas están a impactar nas nosas vidas. Queremos coñecer cales son as vantaxes e os campos onde a IA se está a aplicar, pero tamén queremos poñer unha ollada en aqueles aspectos máis controvertidos, ou onde sería preciso unha mellor regulación.  


    Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertos da Universidade da Coruña chegados de distintas disciplinas científicas, como a informática, o dereito ou as humanidades, e ás que paso xa a presentar:   


    • Verónica Bolón Canedo. Profesorado dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da facultade de informática. Membro do grupo de investigación LIDIA, a súa investigación céntrase nos métodos de machine-learning dentro do campo da IA, con aplicación a temas médicos e a problemáticas ambientais. 
    • María Noelia Barreira Rodríguez. Profesora do dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da facultade de informática. Membro do Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns. As súas liñas de investigación son visión computacional e imaxe médica. 
    • Xulio Xosé Ferreiro Baamonde. Profesor de dereito procesual, na facultade de dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación Criminología, Psicología Jurídica y Justicia Penal en el siglo XXI. As súas liñas de investigación abranguen, entre outras, a organización xurisdiccional española e o uso da intelixencia artificial no proceso xudicial.  
    • Margarita María Alonso Ramos. Profesora no dpto. de Letras da Facultade de Filoloxía da UDC. Membro do Grupo de investigación Lengua y Sociedad de la Información. Entre as súas liñas de investigación figuran a lexicografía e a lingüística computacional.



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    43 mins
  • A profesionalización do deporte. É cousa de homes?
    Jul 25 2023

    Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertas da Universidade da Coruña do eido das ciencias do deporte, da saúde deportiva e fisioterapia e da comunicación deportiva:     

    • Marta Bobo Arce, especialista en rendemento deportivo e xénero, actividade física e calidade de vida, tamén investiga sobre aspectos vinculados á profesionalización deportiva. 
    • María José Mosquera González, profesora de Educación Física e Deportiva, investiga sobre cultura deportiva, roles de xénero no deporte e a cultura da “non violencia”. 
    • Andrea Seijo Ares, profesora na escola de Fisioterapia e especialista en fisioterapia deportiva. 
    • Claudia López López, xornalista en prensa deportiva, investigadora predoutoral, investiga sobre as redes sociais como canle de promoción da actividade física e do exercicio dende a perspectiva de xénero. 



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    50 mins
  • Divulgación en galego: utopía ou realidade?
    Jul 11 2023

    Neste terceiro episodio de ONDA CIENCIA abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego. Cando vimos de conmemorar o día das letras galegas, contamos tamén con estatístistas que ilustran que o castelán supera, por primeira vez ao galego como a lingua máis emprega en Galicia. E na ciencia, ¿cal é o papel que desempeña a nosa lingua? Hoxe imos falar de divulgación científica en galego con catro profesores e profesoras da Universidade da Coruña que contan cunha longa experiencia facendo divulgación:


    • Laura Castro Souto, Profesora titular da facultade de informática da UDC, e directora da cátedra CICAS.
    • Casto Rivadulla Fernández. Catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia.
    • Cristina Naya Riveiro. Profesora contratada doutora na facultade de Ciencias da Educación, especialista en didáctica das matemáticas. É a Coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC.
    • Alexandre Peres Vigo. Profesor da facultade de filoloxía da UDC, na área de filoloxía galega e portuguesa, e especializado en sociolingüística galega, Planificación e políticas lingüísticas e culturais e Literatura e construción da identidade. É columnista no diario dixital Nós Diario.  



    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Show more Show less
    48 mins